Longas colas na Festa da Rosquilla de Gondomar a pesar da choiva

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Festa da Rosquilla en Gondomar.

Gondomar celebrou este domingo a Festa da Rosquilla, desaparecida do calendario gastronómico desde que en 2006 celebrásese a última edición e recuperada no 2017. Trátase dunha festa declarada de interese cultural de Galicia na que o típico produto da Vila é o protagonista. Para a ocasión, elaboráronse 100.000 rosquillas.

O presidente da FEMP e alcalde de Vigo, Abel Caballero, foi o encargado de ler o pregón, para posteriormente ser nomeado “Rosquilleiro Maior 2018”. A continuación tivo lugar o irmandamento con Gondomar de Portugal, representado polo concelleiro de Cultura e Turismo, Carlos Bras. Tamén estiveron presentes o alcalde, Paco Ferreira, e os concelleiros Nuria Lameiro, Iria Lamas, Jose Manuel Chamorro, Antonio Araújo e Rocío Cambra, e os deputados Carlos López Font e Montse Magallanes, ademais doutras autoridades civís e militares.

Tras a entrega de obsequios, como en toda festa gastronómica non faltou a música, a cargo do grupo de gaitas Os Swaroskys de Mañufe e o grupo de pandereteiras “Airiños do Sobreiro” de Borreiros, ademais dunha acción escénica de Inherente Teatro, titulada “Mulieris”.

Mentres tanto, os centos de veciños e visitantes facíanse coa bandexa de rosquillas variadas, elaboradas por Cristaleiro, cun prezo de 1 euro e acompañadas dunha cunca conmemorativa da festa con viño verde portugués ou auga. A pesar da choiva, que facía acto de presenza de cando de vez, puidéronse ver longas colas de xente para adquirir e degustar o típico produto local.

Pola tarde, actuou o Mago Deimi e houbo obradoiros infantís para os máis pequenos a cargo de Volvoreta e Voltereta. A actuación do Grupo Musical Os Escaravellos pechou o programa da festa.

 

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

 

Anuncios