A Deputación aproba destinar máis de 7.000 € á Confraría de Pescadores de Baiona

O Goberno de Carmela Silva vén de aprobar a relación de axudas, por valor de 240.000 €, para confrarías de pescadoras e pescadores e agrupacións de mariscadoras da provincia de Pontevedra. No caso do sur da provincia de Pontevedra, estas achegas benefician con 62.774,11 € a seis entidades pertencentes aos concellos de Baiona, A Guarda, Redondela, Soutomaior e Vigo.

A través desta liña de axudas, as entidades poderán dotar de novos equipamentos ás súas instalacións, mellorar e modernizar os procesos de comercialización, apostar pola eficiencia enerxética, reparar materiais e adquirir vehículos, embarcacións e mobiliario.

A presidenta da Deputación de Pontevedra recordou que, este ano, as achegas destinadas ás confrarías de pescadoras e pescadores e agrupacións de mariscadoras incrementaron en 40.000 € a súa contía total, pasando dos 200.000 € concedidos o ano pasado aos 240.000 deste ano.

Máis polo miúdo, as entidades que se beneficiarán desta liña de axudas son a Confraría de Pescadores La Anunciada de Baiona con 7.128,45 €, Santa Tecla de A Guarda con 16.500€, San Xoán de Redondela con 10.680,02 €, a Confraría de Pescadores Virxe do Carme de Arcade de Soutomaior con 14.535,66 €, a Federación Provincial Cofradía de Pescadores Pontevedra de Soutomaior con 6.000 € e San Francisco de Vigo con 7.929,30 €.

Anuncios