Ferreira afirma estar «tranquilo» ante a Xustiza

FOTO: CONCELLO DE GONDOMAR // Paco Ferreira na alcaldía.

A declaración ante a Fiscalía de Vigo do alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, que estaba prevista para este xoves, pospúxose para a próxima semana por razóns de axenda do ministerio público.

No marco das dilixencias abertas tras unha denuncia do Grupo Municipal de Gondomar Concello Aberto (CABE) por diversos cobros, tanto de quilometraxe como dun fondo social e de pensións para funcionarios, a Fiscalía xa tomou declaración ao seu portavoz, Pauliño del Río, e á interventora municipal, quen puxo reparos á xustificación de determinados gastos de desprazamento do rexedor.

Francisco Ferreira sinalou a Efe que está «tranquilo» porque cre que actuou dentro da legalidade, e agradeceu a oportunidade de dar as explicacións oportunas ante a Fiscalía. Así mesmo, considera que a investigación ten a súa orixe nunha denuncia «oportunista» e con «fins políticos», dada a proximidade das eleccións municipais.

Anuncios