Concerto do XX aniversario da Agrupación Musical de Belesar

O Centro Cultural Municipal de Belesar acollerá este sábado 30 de xuño ás 20:30 horas o concerto do XX aniversario da Agrupación Musical de Belesar. Está baixo a dirección dende 1998 polo seu fundador Javier Domínguez Millán, licenciado en música na especialidade de Clarinete polo Conservatorio Superior de Música de Vigo e Diplomado en Dirección de Banda, Coro e Orquestra polo Instituto Europeo de Trento-Italia.