A Escola de Danza Vila de Baiona celebra o seu 4º Festival Folclórico

A Escola de Danza Vila de Baiona celebra este sábado 30 de xuño o seu 4º Festival Folclórico. Nesta cuarta edición os grupos convidados serán o Rancho Folclórico da Trofa (Trofa-Portugal) e o Grupo de Danzas Nuestra Señora de Covadonga (Torrelavega-Cantabria), que actuarán xunto cos anfitrións, a Escola de Danza Vila de Baiona e o Grupo de Gaitas A Seneira. O evento comezará ás 22:00 horas na Praza do Concello de Baiona. En caso de choiva celebrarase no Auditorio V Centenario.

Anuncios