Sin categoría

Un vehículo, atrapado no areal de Panxón

Os bañistas da praia de Panxón tiveron á primeira hora da mañá de onte un compañeiro de praia un tanto peculiar e é que un vehículo quedou atrapado na beira do areal nigranés ao tentar botar ao auga unha embarcación de polo menos cinco metros de eslora desde a area. As dificultades para manobrar na rampla do porto, sumado ao aumento na densidade do tráfico nesta zona en tempada estival puideron ser as causas que levaron a un grupo de persoas a levar a cabo tan atrevida manobra que se saldou cun desenlace canto menos inesperado, para eles.

Fontes do Grupo de Emerxencias Supramunicipal do Val Miñor explicaron que tras recibir o aviso a media mañá acudiron á zona aínda que no momento da súa chegada xa conseguiran retirar o vehículo e poñelo a salvo da subida da marea. As testemuñas que nese momento atopábanse na zona explicaron aos efectivos desprazados que se serviron dun todoterreo particular para salvar ao coche dunha «morte» segura, aínda que tampouco puideron confirmalo ao 100% xa que non estaban presentes no momento da manobra.

Debido á lúa chea destes días, prodúcese un fenómeno coñecido como mareas vivas que provocan unhas diferenzas entre a pleamar e a baixamar moito máis acusadas do normal. No momento que a auga alcanza o seu punto máis baixo queda ao descuberto unha franxa de terreo que normalmente estaría mergullada e o firme nese punto é tan inestable que chega a asemellarse ao lodo, provocando que tanto o remolque como o vehículo quedasen literalmente atrapados na beira. No momento que as rodas se enterran e os baixos do coche tocan a area mollada prodúcese un efecto ventosa que fai practicamente imposible retiralo sen axuda. Finalmente todo quedou nun susto e haberá que esperar á Policía Local para saber se serán sancionados por meter un vehículo no areal.