Sin categoría

O DJ baionés Yaggo estreará nova música na Nova Era EDP Beach Party en Oporto

O artista baionés, Yaggo, estreará nova música na Nova Era EDP Beach Party en Oporto xunto a Steve Aoki e Dimitri Vegas & Like Mike. Yaggo, que tras presentarse ao concurso de DJs organizado pola emisora produtora do evento, Radio Nova Era, resultaba gañador o ano pasado e accedía a pinchar na EDP Beach Party cos mellores DJs do planeta como Martin Garrix, Hardwell, Carnage, etc, volve este sábado para presentar o seu novo traballo xunto coa mellor dupla portuguesa de DJs, Club Banditz, que visitarán España por primeira vez na Makrofesta, Tomiño, o 28 de xullo, tras percorrer numerosos festivais e salas nos EEUU, na India e Portugal.

Os días 29 e 30 de xuño son os elixidos para levar a cabo a undécima edición deste gran evento, ¨A Maior Beach Party de Europa¨ onde, ano tras ano, os mellores artistas electrónicos do momento danse cita no país veciño e na que cada vez, hai máis presenza galega, xa que tamén vai abrir o primeiro día de festival o coruñés Kike Varela.

Con tan só 22 anos, Yaggo é un dos artistas con máis potencial do panorama electrónico e comenta que dende hai uns meses as cousas están saíndo e facéndose ben, tanto pola súa parte coma por parte de todo o seu equipo e iso sempre dá lugar a cousas mellores. Cousas como as que o noso artista ten preparadas para o longo de este ano, festivas locais, datas no estranxeiro, tour polo mediterráneo, etc.