Baredo celebra as festas da Virxe da Cela

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Procesión da Virxe da Cela en Baredo.

A parroquia baionesa de Baredo celebra este fin de semana as súas festas patronais na honra da Virxe da Cela. O sábado 30 de xuño, as agrupacións encargadas de amenizar a gran verbena serán o grupo Despacito e o Trío X’Tra.

O domingo 1 de xullo ás 12:00 do mediodía, a Banda de Música de Baiona ofrecerá un pasarrúas. Ás 13:00 horas comezará a Misa Solemne con posterior procesión acompañada pola mesma Banda de Música. A continuación, gran tirada de lumes. Ás 17:00 horas terá lugar o gran partido de fútbol entre solteiros/as e casados/as no campo de Val de Martín, e pola noite, o grupo D’Líder amenizará a verbena.

O luns 2 ás 10:00 da mañá, pasarrúas a cargo do grupo de gaitas Os Terribles de Donas. Ás 12:00 horas celebrarase unha nova Misa Solemne, seguida de procesión acompañada polo mesmo grupo. Ás 16:30 horas terán lugar as tradicionais cucañas, e pola noite, a orquestra Solara e o Trío Azar amenizarán a verbena fin de festa.

Anuncios