Un establecemento de Baiona organiza este venres o seu segundo escaparate vivente

Un establecemento baionés, Olé Íntimo, organiza este venres 29 de xuño un escaparate vivente onde dúas modelos desfilarán ao longo da xornada coas últimas novidades en moda de baño para muller.

Trátase do segundo escaparate deste tipo que organiza Olé Íntimo e, do mesmo xeito que no de fai tres anos, contará coas últimas tendencias en moda de baño para muller das marcas Belcor, Cherry Beach, Variance e Bestform, pertencentes ao grupo francés de moda íntima VFB Lingerie.

Desta forma, todas aquelas persoas que queiran ver en primeira persoa este escaparate, poderán facelo este venres en horario de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas.

Anuncios