
O pasado sábado celebrouse na Quinta do Centro Asturiano de Villaviciosa de Odón en Madrid o XVII Campionato de España Individual Sénior, no que participaron 4 xogadores da Federación Asturiana, 4 da Federación Galega, 3 da Federación Madrileña e o campión de España do ano 2017. Rifadas foron as roldas de clasificación das que accederían a semifinais dous xogadores galegos e dous de Asturias. Pasarían a disputar a final o asturiano Jonny González e o galego Jairo Fernández.
A clasificación final foi a seguinte:
- Campión de España. JAIRO FERNÁNDEZ (Club de Bolos Ceán de Nigrán-Pontevedra).
- Subcampión: JONNY GONZÁLEZ (Club de Bolos Bahinas de Tineo-Asturias).
- 3º clasificado: ROBERTO PAZ (Club de Bolos San Cibrán de Gondomar-Pontevedra).
- 4º clasificado: MANUEL FERNÁNDEZ (Club de Bolos Compastur de Tineo-Asturias).
Ao día seguinte, domingo, celebrouse o Campionato de Seleccións Territoriais onde novamente a Selección Galega alzouse co torneo.
A clasificación final foi:
- 1ª clasificado: SELECCIÓN GALEGA (Roberto Paz, Jairo Fernández, Cristian Rodríguez e Adrián Rodríguez).
- 2ª clasificada: SELECCIÓN ASTURIANA (Manuel Fernández, Jonny González, Manuel Castaño, Jose R. Fernández e Pablo Álvarez).
- 3ª clasificada: SELECCIÓN MADRILEÑA (José A. Fernández, Antonio Menéndez, José Luis Cuellas e Alfredo Campo).