O tobogán acuático, estrela en Baiona na inauguración das rúas humanizadas

FOTO: MIRIAM RODRÍGUEZ // Un bañista baixando polo tobogán acuático.

Baiona celebrou este sábado ao grande a inauguración das rúas recentemente humanizadas Marqués de Quintanar, Laureano Salgado e Cidade de Vigo. Inauguráronse os “Bancos Ilustres” en homenaxe a D. Laureano Salgado e D. Antonio Gallego de Chávez y Ramímez Arellano, VII Marqués de Quintanar, e presentouse o mural pintado pola artista local Lula Goce, nunha parede de 70 metros cadrados situada na intersección das rúas Laureano Salgado e Marqués de Quintanar, xusto na nova zona de esparexemento e recreo que se creou tras as humanizacións.

Tamén houbo inchables e obradoiros infantís, pero con diferenza a atracción estrela do día foi o tobogán acuático que se instalou na rúa Laureano Salgado á altura do Liceo Marítimo, no que as colas non cesaron. Trátase dun tobogán de vinilo xabonoso e moita auga que fixo as delicias de pequenos e maiores, que alcanzaron velocidades incribles. Para gozar da atracción, os intrépidos bañistas só tiveron que poñerse o bañador ou biquini, coller carrerilla e lanzarse á pista de case 100 metros, co flotador que era facilitado á entrada.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.