Sin categoría

Festa de San Xoán en Camos

Este sábado día 23 de xuño celebrarase unha Festa de San Xoán na Camoesa, para os veciños de Camos, socios do Centro Cultural e Comuneiros. Ás 21:30 horas comezará a degustación de sardiñas asadas con pan de millo, todo acompañado dun bo viño do país e auga. Ás 22:45 actuará o grupo “Muíños do Xuncido” (pandeiretas, baile galego, gaitas). E ás 23:00 horas acenderase a fogueira de San Xoán, continuando a noite ao ritmo de cancións populares.