Buscan a un septuaxenario con alzhéimer desaparecido en Gondomar

A Policía Local de Gondomar e Protección Civil do Val Miñor participan nun operativo de procura dun home de 77 anos con enfermidade de Alzhéimer na zona de Tercias, en Vilaza. Segundo informan desde a Xefatura Local de Policía, o desaparecido mide 1,72 metros de estatura, é de complexión forte e pelo moi curto. No momento da súa desaparición levaba viseira, xersei granate-violeta, pantalón vaqueiro azul e zapatillas deportivas azuis.

A Policía Local recorda que estamos en estado de alarma por emerxencia sanitaria. “Por favor, se queres colaborar ponte en contacto telefónico, non te presentes no lugar nin en dependencias policiais; imos xestionar as batidas con persoas voluntarias desde a coordinación coa Garda Civil, Policía Local e Protección Civil a través da Xefatura de Policía con estrita atención ás oportunas medidas de seguridade e hixiene”.

A organización de voluntarios será a través do teléfono 667 864 092. Se alguén ten algunha información pode chamar ao 062 ou ao 696 998 080.

Anuncios