Sardiñada, fogueira e música en directo para celebrar a noite de San Xoán en Baiona

FOTO: PEPE COSTAS // Fogueira de San Xoán en Baiona.

Este sábado, 23 de xuño, o Concello de Baiona, coa colaboración da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona (ACEBA), celebra a noite de San Xoán con sardiñada e a tradicional fogueira na Praia Ribeira a partir das 20:00 horas. Ademais, a velada estará amenizada coa música en directo de Tonichi & Pacheco ás 22:00 horas e Blue Monk ás 00:30 horas.

Actos relixiosos

O domingo, día 24 de xuño, o barrio baionés de San Xoán celebrará a festividade do seu patrón. Ás 18:30 sairá a procesión desde a Capela de San Xoán ata a ex Colexiata de Santa María, acompañada polo Grupo de Gaitas “A Seneira” de Baiona. O percorrido será polas rúas Diego Carmona, Laxe, San Xoán e Santa Liberata. Ás 19:00 horas comezará a Misa Solemne cantada polo Coro Parroquial e tras a súa celebración, a imaxe recollerase novamente na capela deste tradicional barrio da Vila.

Anuncios