O VII Torneo Dani da Rocha Prol reuniu a 170 xadrecistas en Panxón

O pasado sábado celebrouse no Pavillón de Deportes de Panxón o VII Torneo de Xadrez Dani da Rocha Prol pertencente ao circuíto de promoción, cunha participación de 170 xadrecistas pertencentes a clubs das catro provincias galegas e de Portugal.

Despois de disputadas sete roldas a clasificación final das distintas categorías foi a seguinte:

2018-06-21 - SUB 8

Sub 8. Campión Breixo Vidal de Marín, con 6 puntos, seguido cos mesmos puntos por Sofía Valente do Xadrez Porto, e en terceiro posto o mosense Javier del Valle con 5 puntos.

2018-06-21 - SUB 10

Sub 10. Campión con 6 puntos Eduardo Cabanas da USC, seguido con 6 puntos tamén por Iago Fernández do Club Brétema, e no terceiro posto Noa Costas de Mos.

2018-06-21 - SUB 12

Sub 12. Proclamouse campión con 6 puntos Raúl Seoane de Ferrol, seguido tamén con 6 puntos por David Cernadas do Xadrez Brétema, e terceiro con 5,5 puntos o mosense Xavier Pérez.

2018-06-21 - SUB 14

Sub 14. Proclamouse campión invicto con 7 puntos César Pérez de Ourense seguido con 5 puntos polo pontevedrés Luis Juaquín Alonso e no terceiro posto a mosense Paula Toucedo.

2018-06-21 - SUB 20

Sub 20. Proclamouse con 7 puntos e invicto Rubén Fernández da EX Pontevedra, seguido do laroqueiro Artai Bringas con 6 puntos e a xogadora do Xadrez Mos Sabela Gallardo.

2018-06-21 - FAMILIA

Anuncios