Baiona clausura o curso de alfabetización en Baredo

As alumnas do curso de alfabetización organizado pola Concellería de Educación do Concello de Baiona puxeron fin ás súas leccións cunha festa de fin de curso e cunha despedida moi especial. O Alcalde, Ángel Rodal, e a concelleira de Educación, Beatriz González, visitaron ás estudantes na súa aula do Centro Cultural “A Cela” de Baredo.

Rodal desexou un bo verán ás participantes. “O Concello quixo apostar por esta actividade co fin de que os veciños e veciñas pasedes un intre agradable á vez que aprendedes novos coñecementos. Tamén é importante o que aprendestes unhas das outras, que vos relacionedes e que compartades experiencias… Deséxovos que gocedes do verán tan merecido despois de aproveitar ao máximo este curso”.

Todo o alumnado mostrouse moi ilusionado e con moitas ganas de volver participar na actividade o próximo curso, por iso solicitaron ao rexedor e á concelleira unha nova edición da actividade.

“Moitas grazas a todos por participar neste curso, como concelleira de Educación é unha enorme satisfacción comprobar que a actividade tivo esta gran acollida entre os veciños e veciñas. Espero que haxades aprendido moito e o máis importante que gozásedes coas leccións e coa actividade”, declarou González tras unhas palabras de despedida ás alumnas.

A programación do curso desenvolveuse desde o mes de outubro ata xuño. As aplicadas alumnas acudiron a clases dous días por semana en sesións de dúas horas e media. Na actividade utilizouse unha metodoloxía participativa baseada na teoría constructivista da aprendizaxe e utilizando técnicas diferentes de estimulación da memoria para que o alumnado aplíqueas á súa vida diaria.

Anuncios