Xornada de portas abertas na Escola da Agrupación Musical de Vincios

Este venres 22 de xuño ás 17:00 horas haberá unha xornada de portas abertas na Escola da Agrupación Musical de Vincios (Rúa Mestra Dona Lola s/n). Enfocado a toda a familia (adultos e nenos), o evento permitirá coñecer o traballo que se realiza na escola e fomentar as matriculacións de cara ao próximo curso. Haberá obradoiro de baile, manualidades musicais e música en directo. Os interesados deben confirmar a súa asistencia enviando un whatsapp a un dos seguintes números: 680 25 03 09 ou 676 29 51 58.