Sin categoría

Manuel Fernández e Álex Cid gañan o 52º Rallye Rías Baixas

O Rallye Rías Baixas escribiu un novo nome no seu histórico palmarés, trátase do piloto local Manuel Fernández, co ourensán Alex Cid á súa dereita. Ambos aproveitaron os problemas dos tres principais equipos do certame autonómico, para sumar a vitoria absoluta, que se une ao triunfo dentro do Trofeo Top Ten Pirelli Castrol.

A cuarta cita do certame autonómico estivo marcada polas incidencias durante os dous bucles matinais que impediron a normal celebración de ata tres tramos. Baixo estas condicións tan especiais, Manuel Fernández colocouse como líder co Renault Clio N5, unha posición que non abandonou ata chegar ao parque pechado final, a pesar de sufrir unha incidencia mecánica no último bucle que lle engadiu emoción ao final da proba.

A segunda posición foi para outro piloto de Salceda, Jorge Pérez, que tentou sen éxito sumar a súa primeira vitoria absoluta tendo que conformarse coa segunda posición, a pesar de tentalo durante as catro especiais disputadas pola tarde. Pecharon o podio os irmáns Iglesias, que aos poucos se van atopando máis cómodos co seu Ford Fiesta N5, e que se manteñen no liderado do Trofeo Pirelli Castrol “A” por diante de Jorge Pérez e Adrián Campaña.

No trofeo Pirelli Castrol “B”, a vitoria foi para Javier Estévez, que lograba, ademais, ser o único da súa categoría en meterse dentro dos dez equipos máis rápidos da proba olívica, logrando un meritorio sétimo posto final. Ao piloto do Ford Fiesta R2, acompañárono no podio José Manuel Pazos e José Manuel Rodríguez, segundo e terceiro respectivamente, nun podio totalmente pontevedrés.

RALLYE RÍAS BAIXAS – TROFEO TOP TEN PIRELLI CASTROL “A”

POS PILOTO-COPILOTO VEHÍCULO TIEMPO
1º Fernández – Cid Renault Clio N5 49:06.425
2º Pérez – Gándara Renault Clio R3 Maxi 49:12.465
3º Iglesias – Iglesias Ford Fiesta N5 49:52.960
4º Fernández – Vidal Mitsubishi Lancer EVO VIII 50:41.595
5º Campaña – Raido BMW M3 51:23.142
6º Borja – Vázquez Porsche 911 SC 53:56.703
7º González – Rodríguez Renault Clio Sport 54:13.830
8º Brito – Roby Mitsubishi Lancer EVO IX 55:06.760
9º Alonso – Enríquez Seat Ibiza Cupra 55:17.912
10º Borja – González Peugeot 309 GTI 16V 57:00.842

ASÍ VAI O TROFEO TOP TEN PIRELLI CASTROL “A”

POS PILOTO VEHÍCULO PUNTOS
1º Celestino Iglesias Ford Fiesta N5 480
2º Jorge Pérez Renault Clio R3 Maxi 447
3º Adrián Campaña BMW M3 291
4º Ricardo Costa Citroën DS3 R5 240
5º Manuel Fernández Renault Clio N5 240

RALLYE RÍAS BAIXAS – TROFEO TOP TEN PIRELLI CASTROL “B”

POS PILOTO-COPILOTO VEHÍCULO TIEMPO
1º Estévez – Gregorio Ford Fiesta R2 51:27.635
2º Pazos – Calvo Ford Fiesta R2 52:25.995
3º Rodríguez – Rodríguez Citroën C2 52:46.846
4º Iglesias – Gómez Ford Fiesta R2 52:59.857
5º Domínguez – Mosquera Peugeot 206 54:19.820
6º Molinos – Martínez Citroën Saxo 55:37.970
7º Barreiro – Míguez Renault Twingo R2 1:02:08.884

ASÍ VAI O TROFEO TOP TEN PIRELLI CASTROL “B”

POS PILOTO VEHÍCULO PUNTOS
1º Álvaro Pérez Citroën C2 GT 450
2º José M. Pazos Ford Fiesta R2 303
3º Abel Pampillón BMW M3 284
4º Domingo Molinos Citroën C2 GT 273
5º Javier Estévez Ford Fiesta R2 240

2018-05-14 - Copa Top Ten Pirelli Castrol 2018 - Javier Estévez