Anuncios
Ticker de novas

O PP de Gondomar e Baiona informa sobre o XIX Congreso Nacional Extraordinario

O Partido Popular de Gondomar convoca aos seus afiliados a unha reunión, este xoves día 21, ás 20:00 horas na sede do partido, para informar e explicar os procedementos a seguir de fronte ao próximo XIX Congreso Nacional Extraordinario que se celebrará en Madrid os días 20 e 21 de xullo.

Pola súa banda, o Partido Popular de Baiona informa os seus afiliados que para poder participar na votación do precandidato e os compromisarios ao Congreso Nacional Extraordinario deberán estar ao corrente das cotas e poñerse en contacto, antes do venres 22 de xuño, no teléfono 661 222 126, onde se lles explicará o proceso.

Lembran que este proceso garante a democracia interna dun proceso congresual no que as bases serán unha parte moi importante e decisiva na elección do precandidato.

Anuncios