Chaín en festas na honra da Virxe da Merced

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Procesión da Virxe da Merced en Chaín.

A parroquia gondomareña de Chaín celebra este este fin de semana as festas na honra da Virxe da Merced. A Comisión de Festas preparou un programa para todos os públicos no que non pode faltar a tradicional sardiñada de San Xoán, o venres 22 de xuño ás 22:00 horas, amenizada polo grupo de gaitas do Centro Cultural “A Merced” de Chaín e a charanga Vai de Baile.

O sábado 23 ás 20:00 horas terá lugar a Procesión do Encontro das imaxes de San Xosé e a Virxe de Merced, seguida de Misa ás 21:00 horas. O domingo 24 haberá pasarrúas e concertos ás 12:00 do mediodía e ás 13:30 horas a cargo da Banda de Música Xuvenil de Xinzo. Ás 12:30 celebrarase a Misa Solemne na honra da Virxe da Merced cantada pola Coral Polifónica “A Merced” de Chaín, con posterior procesión. Pola tarde, ás 17:00 horas, unha Festa Infantil con inchables e festa da escuma poñerá o broche de ouro ás actividades previstas.