As Festas de San Xoán obrigan a restrinxir o tráfico e o estacionamento en Panxón

A Policía Local de Nigrán informa que con motivo da celebración das Festas de San Xoán en Panxón, que se celebran desde o sábado 23 ao martes 26 de xuño, reordenarase o tráfico na zona. Desde hoxe día 20 prohíbese o estacionamento no Campo das Redes pola montaxe das atraccións de feira. Desde o 21 ao 27 a rúa Cidade de Vigo permanecerá cortada ao tráfico, mentres que a rúa Arquitecto Palacios cambia de sentido.

2018-06-20 - SAN JUAN 2-001