A gondomareña Blanca Alonso e Celia Saavedra, campioas de España de Ximnasia Acrobática

Blanca Alonso e Celia Saavedra no máis alto do podio coa medalla de ouro.

A gondomareña Blanca Alonso e Celia Saavedra proclamáronse este fin de semana campioas de España de Ximnasia Acrobática. As dúas deportistas do Club Flic Flac fixéronse co ouro na categoría Xuvenil Parellas cunha puntuación de 53.450. Segundas foron Andrea Luján e Noa Murcia, do Club Dinamic da Comunidade Valenciana, con 52.800, e pechando o podio en terceira posición, Carla Martínez e Miguel Romero, tamén do Club Flic Flac, con 52.100 puntos. Máis de 500 ximnastas de sete comunidades participaron no Campionato de España de Ximnasia Acrobática e Nacional Base celebrado do 15 ao 17 de xuño no Pavillón Central de As Travesas, en Vigo, organizado polo Club Flic Flac e patrocinado polo Concello.