Anuncios
Ticker de novas

O Erizana corre o risco de desaparecer se non se presenta unha nova Xunta Directiva

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Erizana CF.

O pasado domingo 4 de xuño celebrouse a asemblea anual de socios do Erizana Club de Fútbol. Aprobáronse as contas da tempada e o presidente, e con el toda a Xunta Directiva, presentou a súa dimisión. Iniciouse así un proceso electoral ao que polo momento non se presentou ningunha candidatura.

Constituída unha Xunta Xestora, este venres finaliza o prazo para que unha nova Xunta Directiva tome as rendas do club. Ás 20:30 horas celebrarase unha última asemblea nas instalacións do campo de fútbol do Aral. No caso de que non se presente ningunha candidatura, un grupo de pais están dispostos a facerse cargo das escolas, pero o equipo sénior desaparecería.

Un dos pais involucrados en salvar polo menos as categorías inferiores do club, que contan na actualidade con 170 nenos e nenas, destaca que “é un club histórico e neste momento é solvente, é unha pena que desapareza”. Asegura que por temas laborais élles imposible facerse cargo da directiva, polo que esperan que finalmente salga á luz algún novo candidato. Pola contra, insiste, en que as escolas continuarán.

Anuncios