A Asociación de Veciños “Galiñeiro” de Vincios celebra este sábado 23 de xuño a partir das 22:00 horas a noite de San Xoán. Haberá venda de sardiñas, viño, pan de millo e máis comida e bebidas, con prezos populares e os socios a primeira consumición de balde, e música en directo na Casa Reitoral de Vincios, ao lado do Centro Cultural de Vincios. Ás 00:00 acenderase a tradicional fogueira, e amenizando a festa, o Grupo de Gaitas “Aires de Santes” e para rematar DJ Yogüi e DJ Tony.
Artículos relacionados
Espazo Lectura celebra esta fin de semana a Primeira Acampada Lectora
Espazo Lectura organiza esta fin de semana a 1ª Acampada Lectora, que se celebrará dende a noite do sábado 26 á mañá do domingo 27 de maio. Esta actividade é herdeira da Noite na Biblioteca, […]
Unha unidade móbil de doazón de sangue estará o luns en Gondomar
Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia visitará este luns 27 de abril o municipio de Gondomar. Estará na estación de autobuses, en horario de 10:00 a 14:30 e de 16:00 a 21:00 […]
A XI exposición fotográfica “Viaxando” chega a Baiona
A Praza de Abastos de Baiona acollerá durante o mes de xuño a exposición de fotografías presentadas polos participantes ao XI Certame Fotográfico “Viaxando” do ano 2017. Esta exposición reflicte inquietudes, situacións cotiás, vivencias, intereses […]