Anuncios
Ticker de novas

Baiona inaugura ao grande as humanizacións de Marqués de Quintanar, Laureano Salgado e Cidade de Vigo

Tras finalizar con éxito as actuacións previstas nas humanizacións da rúa Marqués de Quintanar e as rúas Cidade de Vigo e Laureano Salgado, o Concello de Baiona organiza un acto de inauguración das devanditas avenidas e levará a cabo unha xornada lúdica para todos os veciños e as veciñas, agradecendo deste xeito a súa comprensión ante as obras de humanización.

Así, este sábado 23 de xuño ás 12:00 horas terá lugar a inauguración dos “Bancos Ilustres” en homenaxe a D. Laureano Salgado e D. Antonio Gallego de Chávez e Ramírez Arellano, VII Marqués de Quintanar. Acto seguido terá lugar a presentación do mural artístico de Lula Goce.

Os máis pequenos e pequenas poderán gozar de forma gratuíta durante todo o día, en horario de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, dun tobogán acuático que se instalará na rúa Laureano Salgado á altura do Liceo Marítimo. Tamén haberá inchables e obradoiros infantís nas rúas Marqués de Quintanar e Laureano Salgado.

Con motivo dos cortes de tráfico para poder levar a cabo as actividades poderase aparcar gratuitamente no aparcadoiro do Aral durante todo o día.

Anuncios