Un curto producido no Val Miñor estará na Mostra de Cine de Lavapiés

O curtametraxe “Adiós Ríos, Adiós Fontes” – Microactivismo Poético desde o Val Miñor, estará na 15ª Mostra de Cine de Lavapiés, que se celebrará do 22 de xuño ao 1 de xullo no barrio madrileño.

“Afectados e impactados polos incendios que arrasaron Galicia un grupo de veciños do Val Miñor buscamos a Rosalía para expresar a nosa dor. Xuntámonos no monte queimado e deixamos ir este berro de rabia e tamén de esperanza. Non podemos permitir que seres malvados continúen xestionando a terra e o mar con fins lucrativos. Debemos dar a cara e a voz das nosas ideas e do noso amor, debemos construír entre todas un bosque vivo, limpo e con especies autóctonas, debemos valorar o único e verdadeiro tesouro que non é outro que a natureza que nos rodea. Lume nunca máis!”.

O poema foi adaptado por Avelino González con música de Rubén Artabe. O vídeo foi gravado e editado por Alga Photography e a mediaLab Casa Colorida. Participaron Avelino González, Laura Grela, Yuliya Pavlovska, Patricia Torres, Merche Pérez, Mónica Sueiro, Gabriel Reigosa, Nico Fernández, Julia De La Cal e Miguel Maciel.

Anuncios