Anuncios
Ticker de novas

Sardiñas, viño e música para celebrar a noite de San Xoán en Sabarís

A Asociación de Veciños Castro e Ladeira de Sabarís ofrecerá o sábado 23 de xuño a partir das 22:00 horas sardiñas, viño e música no Campo do Barros, situado no Camiño Entrerríos, ao que se accede polo aparcadoiro do restaurante O Muíño. Ás 00:00 horas acenderase a tradicional fogueira, todo amenizado polo grupo Estrela Destroxira e un vocalista.

Anuncios