Anuncios
Ticker de novas

Baiona fomenta os deportes náuticos coa súa tradicional “Semana Azul”

FOTO: CONCELLO DE BAIONA // Presentación da Semana Azul.

Os próximos días 25, 26, 27 e 28 de xuño, as Concellerías de Deportes e Actividades Marítimas de Baiona organizan unha nova Campaña Escolar de Fomento de Deportes Náuticos “Semana Azul 2018”, nas instalacións de WetSport Ladeira e na propia praia como centro neurálxico do devandito programa.

A campaña, que foi presentada esta mañá, aglutínase en catro días en xornada de mañá e tarde, nas que os participantes poderán desenvolver e penetrarse en deportes náuticos como a vela lixeira, paddle surf, windsurf, piragüismo e como novidade este ano remo (traineras).

A idea é realizar xornadas continuas onde os participantes pasarán desde as 11:00 ata as 17:30 horas realizando deportes náuticos facendo unha breve parada ao medio día para tomar un bocadillo e repoñer forzas.

O día 25 de xuño participarán escolares de 10 a 12 anos, o día 26 escolares de 13 a 14 anos, o día 27 de xuño escolares de 15 a 17 anos e o día 28 maiores de 18 anos e persoas con mobilidade reducida.

A Campaña Escolar de Fomento de Deportes Náuticos é totalmente gratuíta, xa que o Concello de Baiona subvenciona a totalidade dos cursos, así como as licenzas federativas para os escolares participantes.

A campaña conta coa colaboración de entidades como o Monte Real Club de Yates de Bayona, Club Piragüismo Bayona, WestSport Ladeira, Club de Remo Vilaxoán, Waira e Cocacola.

Esta campaña nace coa intención de fomentar e achegar o mar como espazo de lecer e deporte aos máis novos e tentar desenvolver un hábito deportivo entre a poboación ofrecendo a posibilidade de coñecer e dominar un espazo que polas características xeográficas e culturais de Baiona é de vital importancia no municipio.

Coa posta en marcha da Semana Azul do 2018, tamén se abre o período de inscricións para todos aqueles interesados en realizar algún curso de iniciación das actividades deportivas náuticas que para o presente período de verán ten previsto desenvolver o Concello de Baiona, que son ver lixeira, windsurf, piragüismo e paddel surf.

Anuncios