O Samertolameu e o Náutico Ribeira gañan a “Bandeira 525 Aniversario da Arribada da Pinta”

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // O Samertolomeu o Náutico Ribeira.

O Club S.D. Samertolameu venceu este sábado na “Bandeira 525 Aniversario da Arribada da Pinta”, correspondente á primeira xornada puntuable da Liga Galega de Traiñeiras. Os de Meira impuxéronse por 6’’ de diferenza á Santa Olalla de Ares, mentres o Club do Mar Bueu Teccarsa foi terceiro e o CDM Mera cuarto. Na Liga B a tripulación de Muros impúxose nun apertado final a Cabo da Cruz, sendo terceiro o Salgado Perillo. O CR Naútico de Ribeira proclamouse vencedor da primeira xornada da LGT Feminina por diante da tripulación de A Pobra-Cabo. Salgado-Perillo, Cuca Vilaxoán e Mugardos completaron a clasificación.

A Real Vila recuperou así as traiñeiras 30 anos despois da última proba celebrada na súa baía, alá por 1988. Esta regata foi ademais a máis importante da Liga Galega de Traiñeiras, xa que foi onde, despois de case un ano, os equipos volveron atoparse para medir forzas na competición. Asistiron todos os equipos, os da Liga A (12 equipos), a Liga B (9 equipos) e a Liga Feminina (5 equipos), sumando un total de 26, coas súas 26 traiñeiras e os seus máis de 550 deportistas, xunto co persoal técnico, adestradores, delegados, presidentes, familiares e afeccionados.

Ao tratase da regata inaugural da tempada, tras a celebración das probas e a actuación da Escola de Danza Vila de Baiona e o Grupo de Gaitas A Seneira na praia Ribeira, tivo lugar a presentación dos 26 clubs inscritos na Liga Galega de Traiñeiras: Samertolameu, Vilaxoán, Amegrove, Rianxo, Ares, Bueu-Teccarsa, Puebla, Mecos-Mondariz, Coruxo, Castropol, Chapela e Meira na Liga A; Muros, Cedeira, Vila de Cangas, Esteirana, A Cabana-Ferrol, Salgado-Perillo, Virxe da Guía, Cabo da Cruz e Mugardos na Liga B; e Cabo de Cruz, Vilaxoán, Mugardos, Náutico Riveira e Salgado-Perillo na Liga Femenina.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.