O Parlamento de Galicia debaterá o martes a ILP a prol dun parque de bombeiros no Val Miñor

FOTO: NIGRÁN DECIDE // Membros da Comisión Promotora no Mercado de Sabarís.

Este martes 19 debaterase no Parlamento de Galicia a Iniciativa non lexislativa popular para a Creación dun Parque de Bombeiros de xestión pública directa con base nalgún dos Concellos da comarca miñorana, no que se integre o actual persoal do Grupo de Emerxencias Supramunicipal da Mancomunidade do Val Miñor.

A iniciativa foi promovida polos concelleiros de Gondomar Concello Aberto, Nigrán Decide e EU-Son Baiona e membros de colectivos sociais do Val Miñor, sendo asumida polo grupo parlamentario de En Marea que a vai defender no pleno do Parlamento.

A celebración deste debate culmina un longo proceso iniciado en outubro do ano pasado no que se recolleron 4000 sinaturas apoiando dita iniciativa. Ditas sinaturas se presentaron o pasado 16 de marzo no Parlamento de Galicia, que unha vez validadas en número suficiente.

A Comisión Promotora espera dos grupos parlamentarios do PP, PSOE e BNG, sensibilidade cara esta reivindicación histórica da comarca miñorana, que formaría parte dunha solución global de cara á dotación e Galicia de servizos de bombeiros axeitado, sen zonas onde o tempo de resposta sexa superior ao adecuado, sinalan os integrantes da promotora.