Baiona mostra o seu rexeitamento ao abuso e os malos tratos na vellez

Hoxe celébrase o «Día de toma de conciencia contra o abuso e os malos tratos na vellez». Nesta data tan significativa e á vez tan pouco coñecida, o Centro de Atención a Persoas Maiores Mancomunado do Val Miñor levou a cabo unha actividade na Praza do Concello de Baiona. Para dar visibilidade a esta situación leuse un manifesto relacionado coa situación actual dos malos tratos na vellez e expúxose un mural interactivo, feito polas persoas usuarias do CAPM, onde todos os asistentes puxeron a súa pegada con pintura. Ao acto acudiron os usuarios do centro, familiares, o Alcalde de Baiona, Ángel Rodal, e a Concelleira de Igualdade, Servizos Sociais e Benestar, Mª Carmen Paredes.

Anuncios