Anuncios
Ticker de novas

Concerto fin de curso da Agrupación Musical de Vincios

Este sábado 16 de xuño ás 21:00 horas no torreiro de Santa Lucía, a Agrupación Musical de Vincios celebra o seu acto de fin de curso cun concerto temático conxunto das súas tres bandas: a banda infantil, a banda xuvenil e a propia Agrupación Musical de Vincios. O programa do concerto está inspirado en música de cine e televisión.

Ademais, colaborarán os alumnos máis pequenos da escola que asisten ás clases de música e movemento. En total, haberá case 90 músicos unidos para celebrar o fin de curso e á vez homenaxear a Francisco Valcárcel, director da escola e da banda durante case catro anos que pecha un ciclo nesta agrupación.

Anuncios