Anuncios
Ticker de novas

Acto contra o abuso e os malos tratos na vellez en Baiona

O día 15 de xuño celébrase o “Día de toma de conciencia contra o abuso e os malos tratos na vellez”. Nesta data tan significativa e á vez tan pouco coñecida, o Centro de Atención a Persoas Maiores Mancomunado do Val Miñor vai levar a cabo algunhas actividades para dar visibilidade a esta situación. Ese mesmo día, o venres 15 de xuño as 12:00 horas, van estar na Praza do Concello de Baiona realizando un acto aberto á cidadanía que constará da lectura dun manifesto, relacionado coa situación actual dos malos tratos na vellez, e a exposición dun mural interactivo, feito polas persoas usuarias do CAPM, onde todos os asistentes poderán achegar o seu gran de area.

Anuncios