Anuncios
Ticker de novas

Grandes festas na honra de San Antonio e Corpus en Mañufe

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Procesión de Corpus en Mañufe.

A parroquia gondomareña de Mañufe celebra este fin de semana as festas na honra de San Antonio e Corpus. O venres 15 de xuño a partir das 17:00 horas haberá Festa para os Nenos, coa animación do Rey Midas, festa da escuma e inchables, e pola noite, a partir das 22:00 horas, a verbena estará amenizada pola orquestra La Oca Band e o grupo de Asturias Assia.

O sábado 16 a xornada comezará cun pasarrúas pola parroquia do grupo de gaitas Os Swaroskys. Ás 12:30 horas celebrarase a Misa Solemne na honra de San Antonio, seguida de procesión acompañada polo mesmo grupo de gaitas. Ás 17:30 horas terán lugar as Grandes Poxas, e pola noite, a partir das 22:00 horas, a verbena correrá a cargo das orquestras Galilea e Palladium.

O domingo 17 a Banda de Música Agrupación Musical de Vincios ofrecerá un pasarrúas por Gondomar. Ás 13:00 horas comezará a Misa Solemne de Corpus, seguida de procesión acompañada pola citada Banda de Música, que ofrecerá ao finalizar un concerto. Ás 20:30 horas actuarán Os Romanteleiros de Mañufe, e ás 21:30 comezará a verbena, a cargo da Agrupación Musical de Vincios e o grupo atracción de León Garibaldi.

Anuncios