Anuncios
Ticker de novas

Calendario de actividades do Baíña FS para este verán

O Baíña Fútbol Sala organiza este verán en colaboración con diversas institucións e colectivos diversos eventos deportivos.

– Desde o 1 ao 22 de xuño “Xornadas de Portas Abertas” nos adestramentos do club. Para asistir chamar ao coordinador deportivo Daniel 617 902 730.

– 23 de xuño “V Xornada de Porteiros” no Pavillón Municipal de Baiona, prezo 10 € (inclúe camiseta de agasallo). Impartido por Santi Domínguez e técnicos do Baíña FS. Ademais contarán cun invitado especial. Para asistir chamar ao coordinador deportivo Daniel 617 902 730.

– 25 ao 29 de xuño: Vila de Baiona 2018 Fútbol Sala. O martes 19 pechan o prazo. Santi 644 860 260. Só se xoga polas tardes a partir das 16:00 horas no Pavillón Municipal e no do CPI Cova Terreña. O luns 25 categorías benxamín e alevín, martes 26 babys e benxamín, mércores 27 infantil e xuvenil, xoves 28 cadetes e feminino e venres 29 categoría adaptada e finais cadete/xuvenil.

– 30 de xuño, Clinic de Adestradores organizado polo Comité Galego de Adestradores. Mon Barreiro, David Pozos, Bruno Travazzos e José Lucas (Pato). Para apuntarse na páxina da Federación Galega de Fútbol.

– 16 ao 20 de xullo Campus de Fútbol Sala “laCaixa”, que se celebrará no Pavillón de Baiona. Para apuntarse no Pavillón de de Deportes.

Anuncios