Anuncios
Ticker de novas

A Unión de San Pedro da Ramallosa organiza a excursión “Galicia e as súas rías”

FOTO: CONCELLO DE MUXÍA // Vista desde o Corpiño.

A Asociación de Veciños A Unión de San Pedro da Ramallosa organiza os próximos días 7 e 8 de xullo a excursión “Galicia e as súas rías”, un bonito fin de semana cunha ruta por Camariñas, Muxía, Cee, Finisterre, Negreira e a Cidade da Cultura de Galicia. O prezo por persoa é de 106 euros e as reservas poden realizarse ata o 28 de xuño no teléfono 698 171 843.

Inclúe autocar, hotel en cuarto dobre, todas as comidas, as entradas de todas as visitas, seguro de viaxe, servizo de guía-acompañante e o último día un menú de voda: lagostinos, boi, mexillóns, vieiras, pescada á romana, carne ao forno con guarnición, sobremesa, bebidas e licores.

Anuncios