Anuncios
Ticker de novas

Vídeo e charla coloquio sobre a diabetes en Sabarís

A Asociación de Veciños Castro e Ladeira e o Grupo Oes Ves do Centro de Saúde Val Miñor ofrecen este xoves ás 20:00 horas no Salón de Actos do Colexio de Sabarís a proxección do vídeo “Menú do Teatro” (interpretando a diabetes) cunha charla posterior sobre esta enfermidade.

“Menú do Teatro” está escrito e dirixido polo persoal sanitario do Centro de Saúde Val Miñor e conta a historia de Isaías, que esquece dicirlle á súa nai que a súa noiva Lucía é diabética. Un posible conflito familiar na preparación da comida das festas, resólvese facilmente.

Anuncios