Anuncios
Ticker de novas

O Val Miñor B proclámase campión absoluto de Liga Galega Xuvenil

O Val Miñor B proclamouse na chuviosa tarde do sábado campión absoluto da Liga Galega Xuvenil logo de impoñerse por 2-1 ao Calasanz na final disputada sobre o magnífico céspede do campo de Baltar, en Portonovo.

O Val Miñor foi capaz de remontar o gol inicial do Calasanz, chegado nunha magnífica contra levada por Nacho. Álex e Marcos, este cun auténtico golazo, puxeron por diante ao equipo de Nigrán e o 2-1 xa se mantivo inalterable ata o final.

O directivo da Real Federación Galega de Fútbol, Manolo Lores, entregoulle o trofeo de campión ao Val Miñor.

Anuncios