Este fin de semana tivo lugar no Pavillón Municipal de Bertamiráns, no municipio coruñés de Ames, a II Fase de Categoría Rexional, onde o CPA Gondomar estivo representado por Noa Álvarez, Sofía Fernández e Manuel Estévez, patinadores que conseguiron reflectir todo o seu esforzo e traballo subindo no alto do podio.
Os patinadores do CPA Gondomar, coa súa curta idade pero con gran forza e perseveranza, obtiveron dous primeiros postos na súa categoría. Cun gran programa e unha fabulosa actuación conseguiron mostrar a súa entrega á patinaxe, lográrono xunto ao seu soporte, o seu adestrador David Figueroa, o cal lles acompañou en toda a xornada.
O club de patinaxe tivo un gran fin de semana, xa que un día despois celebrouse a Exhibición Mixta do CPA Gondomar, no seu Pavillón de Donas, na que outras entidades deportivas e artísticas de danza foron convidadas. O evento, ao que acudiron numerosos veciños e familiares da zona, foi todo un éxito.
O club rematou a xornada do domingo acudindo a Baiona, ao Festival das Escolas de Sabarís, no que participaron como club invitado.


