Anuncios
Ticker de novas

As traiñeiras volven a Baiona despois de 30 anos

As regatas de traiñeiras xorden dun modo de vida concreto: a contorna da pesca en mar aberto. As embarcacións precisaban de individuos fortes e resistentes, capaces de manter a boga, durante horas, ata chegar aos caladoiros e, unha vez recollida a pesca, tornar a porto, cargados xa, a toda marcha, para efectuar a poxa.

A tradición deste deporte provén da pugna que antigamente mantiñan os pescadores por chegar os primeiros a terra a bordo da súa embarcación ou traiñeira, para vender a maior cantidade de capturas ao mellor prezo, o cal deu lugar a disputas entre as cuadrillas.

Xa no primeiro terzo do século XX disputábanse na baía de Baiona duras competicións entre remeiros baioneses, de Moaña, Cangas, Bouzas ou Vigo. Na Vila lémbrase a fazaña da traiñeira do armador Ulpiano Vilar, patroneada por Policarpo Vilar Ochoa, que logrou alzarse coa vitoria tras unha difícil disputa coas súas valerosas adversarias.

A mediados do século XX Baiona tiña moi bos brazos e moita técnica entre os seus remeiros e a finais do mesmo século destacaba unha familia do lugar, os “Belarminos”, coñecidos polo seu empuxe á hora de remar.

A última Regata de Traiñeiras celebrada na baía baionesa foi no ano 1988, cando se disputou a “V Bandera del Descubrimiento – Bayona La Real”.

REGATA DE TRAIÑEIRAS "V BANDERA DEL DECUBRIMIENTO - BAYONA LA REAL"

Anuncios