Alumnos do Cova Terreña versionan obras de Picasso

As alumnas e os alumnos das Seccións Bilingües de 5ºA, 5ºB, 6ºA e 6ºB de primaria do CPI Cova Terreña de Baiona, despois de traballar a biografía e obra de Pablo Picasso, versionaron algunhas das súas obras máis representativas debuxando e utilizando as ceras Manley para darlles cor. Con todas estas 71 obras pictóricas o alumnado de 6ºB organizou unha exposición. A “Picasso Room”, situada no salón de actos do colexio, poderase visitar desde o luns 11 ata o xoves 14 en horario escolar, de 8:30 a 14:00 horas.

2018-06-10 - 2

Anuncios