Máis de 120 escolares déronse cita na II edición do Colebasket organizado polo CB Nigrán

FOTO: CB NIGRÁN // Segunda edición do Colebasket,

O Club Baloncesto Nigrán organizou este sábado a segunda edición de Colebasket, un pequeno torneo interescolar no que participaron escolares de entre 3 e 12 anos de todos os colexios de Nigrán. Máis de 120 nenos e nenas dos centros educativos Humberto Juanes, Carlos Casares, Cruz Camos, Mallón e Panxón déronse cita no Pavillón do CPI para gozar dunha mañá de baloncesto.

Habilitáronse 3 pistas de xogo nas que os máis pequenos disputaron partidiños arbitrados por xogadores e xogadoras das categorías superiores do CB Nigrán. Ao finalizar os encontros deportivos tivo lugar a clausura na que a organización entregou unha medalla conmemorativa a cada un dos nenos e nenas participantes así como un trofeo aos directores dos colexios e representantes das Anpas tamén presentes. Ao evento asistiu ademais o alcalde de Nigrán, Juan González.

Desde a directiva de club queren agradecer aos directores dos centros, ás Anpas e aos profesores, especialmente aos especialistas en educación física, a implicación na organización deste evento e a gran dinamización levada a cabo nos colexios para conseguir que esta segunda edición fose tan exitosa como a edición pasada.

Anuncios