Calleja gravará o fin de festa de “Volando Voy” en Baiona a porta pechada

Jesús Calleja e o seu equipo despediranse este sábado da comarca do Val Miñor cunha gravación en Baiona. O que se prevía como unha gran festa final na Praza do Concello aberta a todos os veciños e veciñas, non será tal debido ás condicións meteorolóxicas, que obrigan a trasladar a rodaxe ao Auditorio V Centenario. Xa que o aforamento é limitado, desde a dirección do programa decidiuse non admitir máis público que o invitado pola produtora e que participou nas gravacións que se sucederon ao longo desta semana.

Así o anunciou o alcalde, Ángel Rodal, a través das redes sociais. “Con gran pesar teño que informar a todos os interesados en asistir ao programa que terá lugar esta tarde-noite, que vai ser totalmente imposible”, sinala. “Non se poderá acceder á gravación do programa de Jesús Calleja, salvo os que interviñeron nas gravacións desta semana, por razón de aforamento e seguridade. Me entristece en gran medida xa non só que non poidan asistir todos os veciños senón tamén, a imaxe que se vai a ofrecer da nosa Real Vila, que non será a máis desexada e no seu total esplendor”, conclúe Rodal.

Anuncios