Aprazada a VII Travesía de Stand Up Pádel de Baiona

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // I Travesía de SUP Concello de Baiona.

Para darlle a benvida ao verán, Waira, Prado Surf Escola, Wetsports Ladeira e o Concello de Baiona celebran, un ano máis, a travesía máis antiga e multitudinaria de Galicia: a VII Travesía de SUP. Prevista en principio para este domingo día 10, en vista da previsión meteorolóxica e atendendo ás peticións de moitos dos inscritos, o evento trasládase ao 1 de xullo ás 11:30, cun percorrido de 5,5 quilómetros e saída e meta na Praia da Ladeira.

As inscricións poderán formalizarse ata o venres 29 de xuño, cubrindo a ficha e enviándoa ao correo waira@waira.com. O prezo da inscrición é de 15 euros (10 euros máis para os que necesiten alugar táboa e remo), incluíndo ademais camiseta e petisco. Os que xa se inscribiron pero non poidan acudir na nova data, poden enviar un correo para anular a inscrición, facilitando un nº de conta para proceder á devolución do pago da mesma.

Programa:

10:45 Peche de confirmación de inscricións
11:00 Saída de Travesía desde A Ladeira
13:30 Entrega de Premios en Baiona (Praia de Ladeira)
14:00 Petisco en Wetsports Ladeira
15:00 a 18:00 Bautismos de paddlesurf gratuítos en Praia de A Ladeira

RECOLLIDA DE ALIMENTOS SOLIDARIA

Desde a organización da Travesía piden a colaboración dos participantes para esta recollida de alimentos solidaria organizada en colaboración coa ONG “Ayuda al Mundo Necesitado” de Baiona.

Desde o 2 ao 17 de xuño poderanse entregar alimentos non perecedoiros en Wetsports (Praia da Ladeira-Baiona), onde calquera persoa pódese achegar ata as instalacións deportivas e doar alimentos a esta ONG, que despois serán repartidos entre as familias máis necesitadas do municipio.

Esta agrupación distribúe roupa, alimentos e xoguetes a quen máis o necesitan. As portas da ONG tamén están abertas para recibir e almacenar todos os produtos e aveños que se queiran doar. A axuda nunca é suficiente para atender toda a demanda das persoas con menos recursos. Teléfono de contacto: 646 663 500. Dirección: Estr. Virxe da Rocha, 4 4º B – 36300 – Baiona (Pontevedra).

Anuncios