Antes da unha da madrugada deste domingo deuse por finalizada a alfombra floral do Club de Patinaxe Artística de Gondomar. Tras 14 días de esforzo, de recollida de mimosa, funcho, mirto, café, labras, rosas de cores e demais flores para esfollar, remollar e elaborar así a alfombra floral deseñada por Pepe, un especialista en alfombras florais desde hai décadas.
Ademais coa gran colaboración dos integrantes do club, pais, nais, patinadores así como da súa directiva e demais colaboradores, conseguiuse terminar a alfombra de Corpus Christi de Gondomar, na que os nenos que recibirán a Comuñón este domingo na Igrexa de San Bieito, rematarán a súa traxectoria floral xunto ao seu párroco. A alfombra do CPA Gondomar, situada fronte ao Concello, mostra un deseño relixioso composto por un cáliz de prata abrazado por catro grandes ás brancas.
Un gran traballo feito cun importante obxectivo: en primeiro lugar colaborar co Concello, que solicita axuda para que esta gran tradición non se perda nin quede no esquecemento, e segundo, conseguir axuda económica para o Mundial de Show de patinaxe que se atopa moi próximo, no mes de outubro en Nantes.

