CABE convoca unha nova concentración polo Centro de Saúde que Gondomar necesita

FOTO: CABE // Concentración en Gondomar por un Centro de Saúde digno.

Gondomar Concello Aberto está a realizar unha campaña para que a construción do novo Centro de Saúde recolla as necesidades e servizos que demanda Gondomar e con capacidade para atender a toda a súa poboación, con mocións no concello, recollida de firmas, solicitude de entrevista co Conselleiro de sanidade, etc.

O proxecto actual substitúe ao proxectado no 2009, tras ser consensuado cos profesionais da saúde e as forzas sociais, reduce tanto a cantidade de persoal destinado ao centro como a superficie do mesmo conseguindo que sexa insuficiente desde que nace.

CABE convoca de novo a toda a cidadanía a unha concentración, este sábado día 2 de xuño, ás 12:00 da mañá, diante do Centro de Saúde actual para conseguir o Centro de Saúde que Gondomar necesita.