Artai Bringas segundo e Mireya Represa terceira e primeira feminina no PonteXadrez

O pasado sábado celebrouse en Pontevedra o IX Torneo PonteXadrez, pertencente ao circuíto de promoción, cunha participación próxima ás trescentas persoas, e onde os seis representantes do Laroca que participaron conseguiron uns grandes resultados.

Na categoría Sub-10, con 62 participantes, o xadrecista David Iglesias conseguiu a novena posición na clasificación final. En Sub-14, Mauro Sanromán acadou a cuarta posición e Ricardo Fernández a novena ante 32 participantes.

Na categoría absoluta, ante 77 xogadores, Artai Bringas acadou a segunda posición da xeral con 6 puntos e Mireya Represa a terceira e primeira feminina con 5,5 puntos.