A peña madridista “La Séptima” de Baiona celebra a súa XX Festa Aniversario

A peña madridista “La Séptima” de Baiona celebra o vindeiro sábado 9 de xuño o seu vixésimo aniversario cunha cea baile no Restaurante Rocamar, en Baredo, á que poden asistir socios, afeccionados e amigos do colectivo. Durante a reunión brindarán pola décima e pola décimo terceira. As invitacións poden recollerse no Hotel Anunciada ata o 5 de xuño, cun prezo de 10 euros para os socios e de 75 euros por persoa para os non socios.

Anuncios