
Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia visita este mércores 30 de maio o municipio de Gondomar. Está na estación de autobuses, onde todo aquel que desexe doar sangue poderá facelo de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Se é a primeira vez que se doa hai que levar consigo o DNI.