Tres coches implicados nunha colisión na PO-325

FOTO: PABLO F. ESTÉVEZ // Estado no que quedou un dos vehículos.

A rotonda da PO-325 situada na confluencia das rúas Otero Pedrayo e Mariñeiro en Panxón, Nigrán, volveu rexistrar un novo sinistro na tarde de onte coa colisión de tres vehículos, un deles con matrícula francesa. Ao redor das 15:00 horas o 112 Galicia recibiu a chamada dun particular advertindo de danos materiais no punto quilométrico 110 da Estrada pola Vía. Alertouse á Garda Civil de Tráfico, Protección Civil e persoal de mantemento de vías.